Teatro e risas para recibir o Nadal no CIFP A Farixa
O salón de actos do CIFP A Farixa acolleu unha representación escénica de temática navideña. O alumnado de 2º de VideoDJ e Son e 2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos
representou divertidas escenas de Nadal de coñecidas series de televisión. Ademais participaron como actores e actrices alumnos/as doutros ciclos do centro. O evento estrutúrase como práctica interciclos na que o alumnado traballou durante todo o primeiro trimestre, desenvolvendo dende a adaptación do guión ata o deseño de iluminación e son. A función resultou moi divertida para o público do centro que se achegou a vela.



