Charlas Fundación Laboral da Construción
Durante o mes de novembro o alumnado das familias profesionais de Edificación e obra civil, Electricidade e electrónica, Imaxe e son e Actividades físicas e deportivas asistiu a un ciclo de charlas impartidas pola Fundación Laboral da Construción.
Identificaron os riscos máis habituais de cada sector, as medidas de prevención e protección e comprobaron de primeira man as características dos EPIs.


