ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Doazón do alumnado de FP Básica á Asociación Agallas. Un exemplo a seguir

O alumnado de FP Básica deciciu doar o importe do premio recibido por gañar no concurso de carteis do 8M á Asociación Agallas, creada para acubillar e recuperar cans abandoados. O presidente da Asociación e máis dous peludos viñeron, en persoa e en can, ao centro a agradecer a solidariedade dos alumnos e a explicar o funcionamento dunha asociación deste tipo.

Asistencia á 1ª edición de INSPIRO

O pasado 11 de maio o alumnado de Turismo asistiu xunto co seu profesorado a INSPIRO, un encontro entre o tecido empresarial e os diferentes modelos formativos, en donde as ideas, o talento e a experiencia se uniron para inspirar en proxectos de vida, tanto persoais como profesionais.
Foi unha maravillosa xornada con resultados moi satisfactorios para os nosos alumnos, que escoitaron atentamente o que tiñan que decir os grandes conferenciantes, con estupendos consellos orientados á transformarnos e avanzar xuntos como unha sociedade comprometida coa sustentabilidade, a eficiencia, a calidad e a transformación dixital. Asemade poideron asistir á presentación e defensa de proxectos innovadores de alumnos galegos e portugueses, ampliando tamén a súa rede de contactos e facendo novas amizades.

Gracias a EXPOURENSE por acollernos unha vez máis na súa casa e longa vida a este maravilloso e inspiracional encontro!

 

Laboratorio de iniciativas sostibles

O venres, 12 de maio, o alumnado de 1º CS AXENCIAS, 1º CS PDE e 1º CS ROBÓTICA tivo un taller no salón de actos do noso centro coa CEO. Tratouse dun challenge grupal de xeración de ideas, guiado en todo momento por persoas expertas en emprendemento e sostibilidade.
Partindo da premisa de se somos capaces de identificar ideas para mellorar o futuro da nosa provincia, o alumnado tivo que demostrar que conseguiría propoñer algunhas oportunidades de negocio que se poderían poñer en marcha.





Aprender facendo: participación do alumnado de turismo no evento Plan Conecta FP Galicia

O alumnado e profesorado da área de Turismo do CIFP A Farixa tivo a honra de participar no evento Plan Conecta FP Galicia, celebrado no Centro Galego de Innovación dá FP Eduardo Barreiros como persoal de apoio. Este encontro, que tivo lugar o luns 15 de maio, contou coa destacada presenza do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, e a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Nóvoa.


Ademais, durante a xornada, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez Fernández, ofreceu un interesante relatorio sobre a Formación Profesional como vía de capacitación. A continuación, se levaron a cabo dúas mesas redondas: a primeira, enfocada nas necesidades do sector produtivo, e a segunda, dedicada a explorar as posibilidades de colaboración entre a Formación Profesional e as empresas, facendo especial fincapé no modelo de FP DUAL.


O principal obxectivo deste encontro foi analizar, xunto aos empresarios e docentes de diferentes centros presentes, as posibilidades que a Formación Profesional ofrece para dar resposta, a través do mencionado plan, ás necesidades do tecido produtivo.
Cabe destacar que o IES Vilamarín tamén participou activamente no evento, brindando un servizo de comida e cafetería de alta calidade para todos os asistentes.


Desde o CIFP A Farixa, queremos agradecer a oportunidade de formar parte desta importante iniciativa, que fomenta a conexión entre a Formación Profesional e o ámbito empresarial. Estamos convencidos de que este tipo de encontros fortalecen a nosa labor educativa e permítennos adaptarnos de maneira máis efectiva ás demandas do mercado laboral.





Visita a Centro Galego de Innovación da FP e Centro Interxeracional

O día 9 de maio o alumnado de 2º de Proxectos de Edificación visitou as instalacións dos edificios próximos ao instituto. Realizando unha visita ao interior do Centro Interxeracional onde foron guiados polos usuarios das instalacións, compartindo coñecementos e experiencias. Así como a visita ao novo edificio de Innovación da FP, onde da man da directora, Dª Marta Vázquez, desfrutaron dun percorrido integral, descubrindo a arquitectura, instalacións e espazos de inmersión.