ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita ás instalacións da Cidade da Cultura e ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela

O xoves día 19 de xaneiro os alumnos e alumnas de tres ciclos formativos (Proxectos de edificación, Enerxías renovables e Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica) visitaron a Cidade da Cultura de Galicia (Gaiás) e máis as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.


Durante á visita ao Gaiás os alumnos e alumnas puideron camiñar polos túneles subterráneos da Cidade da Cultura polos que transitan, ademais dos vehículos de mantemento dos edificios, todas as canalizacións das instalacións térmicas, de auga e máis contra incendios do Gaiás. Visitaron tamén as salas técnicas de produción de calor, de refrixeración, sala de mando e control das instalacións e centros de transformación de enerxía eléctrica.


Xa pola tarde a visita tivo como obxectivo as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, onde apreciaron a estrutura arquitectónica da Catedral e tamén as vistas da cidade que se contemplan desde a torre da Carraca.




Laboratorio Tecnolóxico de Adestramento Deportivo

Sesión formativa para o profesorado da familia profesional de actividades físicas e deportivas sobre a implementación do Laboratorio Tecnolóxico de Adestramento Deportivo por técnicos en medicina deportiva de Sanro Madrid.



 

Masterclass Saint-Gobain Placo

O alumnado de 2º do Ciclo Medio de Obra de Interior, Decoración e Rehabilitación, realizou un ano máis a Clase Mestra impartida pola empresa Saint-Gobain Placo, á que novamente agradecemos a súa colaboración. Este ano realizaron a instalación de teitos continuos, guiados por Carlos Osuna.




Clase de ciclo indoor

 

Hoxe veunos a visitar Pedro Singer monitor do ximnasio: San Lázaro Gim para explicar a súa experiencia e impartir unha clase de ciclo indoor, tamén coñecido como spinning, que é unha actividade física que se realiza nunha bicicleta estática especial no que leva a cabo un adestramento aeróbico no cal se intercalan períodos de sprint, con outros chairos e de montaña ao ritmo da músic

Saída formativa ao Salnés

Na xornada de hoxe o Departamento de Turismo vén de realizar co alumnado desta especialidade unha saída formativa ao Salnés, coa finalidade principal de visitar as dúas axencias de viaxes maioristas máis importantes do territorio da Península Ibérica, no eido dos circuítos culturais e viaxes para grupos.
CN TRAVEL E INTERRÍAS abríronnos as súas portas para mostrarnos de primeira man como se estrutura, organiza, dirixe e controla o traballo nunha axencia desta tipoloxía, cun cadro de persoal de entre 70 e 150 empregados. Agradecemos especialmente a Lidia Vidal e a Satur o seu tempo, explicacións e atencións.

Por outra banda, para finalizar a xornada, o alumnado puido aprender todo o relacionado co cultivo do mexillón galego en batea e a súa posta en valor turístico, que fan no municipio mariñeiro do Grove, grazas ao paseo en barco turístico da empresa Neptuno-Sub pola ría de Arousa, con degustación de viño Albariño e mexillón da ría incluído.